mércores, 31 de xullo de 2013

Antón Patiño e Antón Reixa: Historia do Rock and Roll

Historia completa por fascículos

En 1985 a Universidade de Santiago de Compostela publicou este poemario de Antón Reixa, Historia do Rock and Roll.


Na sua capa reproducíanse unha serie de deseños creados por Antón Patiño. Acompañando os textos incluíanse varias fotografias de X. L. Suárez Canal tiradas do video Salvamento e Socorrismo así como tres Epígrafes ao final da obra nas que Henrique Monteagudo, Arturo Leyte Coello e Xosé Luís Méndez Ferrín aportaban un ensaio cada un.

Os deseños de Patiño
A obra componse de tres partes: Rock and Roll -fascículos-, Cemiterio de Coches -epopeia-, e Salvamento e Socorrismo.


Facendo o imbécil na casa
«o amor é un óxido grabar cintas magnetofónicas virxes unha cinta virxe mollada con algún ácido disolvente o ácido oxida a cabeza lectora do magnetofón título o amor é un óxido»
Extracto de Rock and Roll -fascículos-


Facendo o imbécil no desguace
«plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS»
Extracto de Cemiterio de Coches -epopeia-


...cos servizos de emerxencia tamén
«o socorrismo unha técnica un estado de ánimo
conserva-lo sangue frío face-los xestos de urxencia
o socorrismo forma parte da educación do home
protecxción civil organiza-la protección as persoas os bens
tempo de paz tempo de guerra evacuación
identificación depósito de cadáveres resgate transporte
montarlle un nervio por riba do outro
membro esmagado non seccionado
membro ferido golpe violento contusión fractura
garrote sen apretar garrote de espera
membro seccionado non sangra inmediatamente
esmagamento prolongado dun membro apresado
morte súpeta por supresión de garrote
foi intuisión miña ninguén mo ensinou
das picaduras dos insectos das serpes feridas de guerras
o home representou a enfermidade como a introducción
un corpo extraño no organismo
pode extraerse por succión facendo presión cos dedos
pola parte contraria con toda a coraje
casos reais circular en coche noite un motorista cae
a estrada húmida non pode erguerse feridas na cara
pernas paralisadas achéganse outros vehículos»
Extracto de Salvamento e Socorrismo

Ningún comentario:

Publicar un comentario