mércores, 7 de agosto de 2013
Castelao: E dispois ¿qué merecia o verdugo?
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez CASTELAO
E dispois ¿qué merecia o verdugo?
___________________________________________________________________________________
A pena de morte estivo vixente no Estado Español até 1932, durante a Segunda República. Foi restablecida durante o Bienio Negro polo goberno de dereita (outubro de 1934) para delitos de terrorismo e bandoleirismo. Francisco Franco reincorporouna plenamente ao código penal en 1938. As últimas execucións no estado foron as de dous membros de ETA e tres do FRAP, o 27 de setembro de 1975. A Constitución de 1978 establecía a súa abolición, excepto o que puidesen dispor as leis penais militares en tempos de guerra e só unha Lei Orgánica de 1995 a abolía baixo calquer circunstancia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario