![]() |
| O home doce, amábel e brillante que unha vez coñecemos, fai tempo que desapareceu |
Se «A química é o estudo da transformación», logo Breaking Bad é química aplicada. De Walter White a Heisenberg. WW resístese a evidencia, non quer asumir a realidade, «todo isto, todo o que fixen, foi pola miña familia», mais a realidade dos feitos contradino.Breaking BadGranite StateDirixido por Peter GouldEscrito por Peter Gould5ª Temporada, capítulo 1522 de Setembro de 2013
É primeiro Saul quen llo di: «It's over» [acabouse]. Amósalle a saída digna para el e a súa familia. Entregarse coa cabeza ben alta e darlle unha posibilidade de futuro a Skyler e os seus fillos. A súa resposta: «vou matar a Jack e os seus para recuperar o diñeiro dos meus fillos».
Mais é Walter Jr. quen por fin lle abre os ollos. Máis unha demoledora chamada telefónica, como a da semana pasada, na que o señor White tenta desesperadamente aferrarse ao seu propio discurso (todo pola familia). Mentres, o seu fillo permanece calado, escoitando atentamente, até que, finalmente, estoura amosándolle o que realmente conseguiu: perder a súa familia. A Walter só lle queda unha saída, entregarse á DEA, asumir finalmente a derrota.
![]() |
| Tocado e afundido |


Ningún comentario:
Publicar un comentario