Se fai uns días vos falaba de Star Trek (2009), hoxe toca falar da súa secuela, Star Trek Into Darkness (2013), que por algo está de estrea estes días.
JJ Abrams e os seus seguen nas mesmas: unhas dúas horas de acción trepidante con persecucións (a pé ou en naves espaciais) e batallas (corpo a corpo ou coas máis diversas tecnoloxías de por medio), con espazo tamén para o humor e os sentimentalismos. Despois de todo, se hai algo do que non se pode acusar a Abrams é de non ter sentido do espectáculo e de non saber entreter (supoño que non fai falta recordar os Lost, Fringe, Super 8 e demais produtos da súa factoría).
Star Trek Into Darkness
Dirixida por J. J. Abrams
Escrita por Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof
2013
JJ Abrams e os seus seguen nas mesmas: unhas dúas horas de acción trepidante con persecucións (a pé ou en naves espaciais) e batallas (corpo a corpo ou coas máis diversas tecnoloxías de por medio), con espazo tamén para o humor e os sentimentalismos. Despois de todo, se hai algo do que non se pode acusar a Abrams é de non ter sentido do espectáculo e de non saber entreter (supoño que non fai falta recordar os Lost, Fringe, Super 8 e demais produtos da súa factoría).
Algúns dos temas que se desenvolven nesta segunda entrega da saga son uns clásicos dentro do universo Star Trek: o conflicto entre o moralmente correcto e a necesidade de actuar dentro das normas establecidas, e o conflicto entre os sentimentos e a razón.
O primeiro destes conflictos está presente ao longo de todo o filme encontrándose as personaxes continuamente na necesidade de decidir, non sen dificultades, entre seguir o regulamento ou salvar a un compañeiro (xa no fragmento introductorio no que o Capitán decide saltarse a Primeira Directiva), entre acatar as ordes ou desobedecelas para facer o correcto. O segundo dos conflictos encóntrase personificado na personaxe de Spock, coa súa metade humana, chea de paixóns, puxando coa vulcaniana, dominada pola lóxica e a razón. Neste sentido temos como o sangue frío vulcaniano é a orixe das súas disputas sentimentais con Uhura e as desavenencias co seu amigo, o capitán Kirk.
O problema, como no anterior filme, é que a reflexión fica totalmente supeditada a acción. A persoa que asista á sala ficará totalmente mesmerizada pola sucesión de combates, persecucións e efectos especiais. Non hai tempo para a reflexión sobre os diálogos ou as situacións, unha explosión lévate a unha pelexa que á súa vez te leva unha morte tráxica.

Por outro lado, os múltiples toques de humor teñen resultados desiguais. Se ben consiguen arrincarnos algún que outro sorriso ou mesmo gargallada, noutros casos poden resultar cansinos (como pode ser a insistencia no lado mullerengo do Capitán James T. Kirk) ou mesmo non facer graza ou causar indiferenza (temos que supor que o compañeiro anano e verde de Scotty é un recurso cómico? Se é así lamento comunicarlles que fracasaron na súa tentativa).
Entre o mellor desta entrega da saga está o antagonista, un John Harrison que se mantén durante boa parte da história nunha posición ambigua, xogando ou manipulando ao resto de personaxes e facéndonos cuestionar a cada momento o que é correcto. Sen súbida o seu intérprete, Benedict Cumberbatch, ten boa parte de culpa e merece, por tanto, o noso recoñecemento. Na nosa opinión sería unha pena que non se aproveitase esta personaxe en futuros filmes.
En fin, temos unha historia sobre un terrorista e a súa caza, chea de ambigüidades e conflictos morais nas decisións que se toman. Sona actual, non é? Porén bótase en falta que a ambigüidade fose total. Neste sentido, se por un lado os "bons", os que dan caza ao terrorista, acaban cometendo actos de dubidosa moralidade, pola outra o "mao", o propio terrorista, só é ambiguo na medida en que engana ou manipula ao resto para que pensen que é bon. Harrison é "mao" e a Federación é "boa" por natureza propia, se a Federación é "má", tan só o é polos medios utilizados, mentres que Harrison é "bon" só en aparencia, non se contempla a posibilidade de que o terrorista teña razóns xustas.
Próxima parada? Se xa había noticias de que habería unha terceira entrega do relanzamento da serie, os bons resultados nas taquillas sen dúbida confírmano. Se nos encontraremos con máis do mesmo ou se haberá algún xiro é algo que só o tempo nolo dirá, até entón deséxovos unha longa e próspera vida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario