![]() |
| A mecha |
Breaking Bad ten iso, que cando pensas que xa sabes por onde vai ir resulta que vai e colle por outro lado. Así que, se cando acabaron as Confesións muitos xa crían coñecer a respota ao que lle pasara á casa de Walter que tíñamos visto nun flash forward anterior, resulta que... «síntoo, amigo, probe outra vez».Breaking BadConfessions / Rabid DogDirixido por Michael Slovis / Sam CatlinEscrito por Gennifer Hutchison / Sam Catlin5ª Temporada, capítulo 11 / 1225 de Agosto de 2013 / 1 de Setembro
No primeiro capítulo da segunda metade da temporada xa nos deran algunha pista de por onde podían ir os tiros. Víamos a Jesse destrozado, mais sobre todo e máis importante, en conflicto con o señor White. Tamén víamos o conflicto moral, a existencia duns límites que chegados certo punto nin sequera un criminal pode ultrapasar.
Desde este ponto de partida chegamos nos últimos capítulos a un enfrentamento aberto Walter-Jesse onde outras personaxes coma o cuñadísimo ou a señora White parecen converterse máis en actores secundarios. E por outro lado aparecen os conflictos morais porque parece ser que debe haber certos límites morais, ou non? Traficar con droga está mal, mais se o fas para axudar a túa familia está ben?, matar en lexítima defensa non só non é condenábel, senón que é case unha obriga, mais até onde chega esa «lexítima defensa»?, quen pode envelenar a un inocente?, e matar a alguén do seu propio bando?
Mesmo os «bons», a policía, entra en contradicións. Se resulta que Walter é un monstro segundo Hank, como podemos consideralo a el segundo este diálogo de Rabid Dog?:
- Gomi: «Se o levamos [a Jesse] aí e é unha trampa vano matar»Aí o temos, non se trata de «facer o ben», senón de gañar este enfrentamento persoal a calquer prezo.
- Resposta de Hank: «Que?, outro junkie morto?, cando menos teremos unha gravación de Walter disparándolle»
E agora, Jesse, o eterno sofridor da serie, ese personaxe que case sen posibilidade de eleición se veu obrigado ou empurrado por Walter a cometer diferentes delitos, o único con conciencia, parece que ten agora a solución para acabar con o Demo que é para el o señor White. Mais nótese que Walter aínda non é completamente Heisenberg. A súa dona e Saul insisten, «mándao a Belice», mais el négase. Como lle tenta facer ver Hank a Pinkman, Walter sempre o protexeu, para el continúa a ser aquel aluno que tivera fai anos.
Chegados aquí non podemos deixar de preguntarnos que é o que veremos agora. Converterase acaso tamén Jesse nun monstro por querer acabar con outro monstro? Eu só sei que non sei nada, ou bon, si: que non quero que isto acabe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario