 |
| Lar |
Con sangue, sangue e mais sangue. Así se despediu
Boarwalk Empire o curso anterior e así é como regresa. Voltan os tempos da Lei Seca á pequena pantalla.
Dirixido por Tim Van Patten
Escrito por Howard Korder
Capítulo sanguento, como digo, que nos serve para situarnos na acción, atar algúns cabos soltos e apresentar algunhas das novas pezas para esta temporada. Entre outras cousas vemos como as familias do crime asinan a paz aceitando o
status quo formulado por Nucky, como Richard retorna ao seu lar logo de saldar algunha conta pendente ou o novo papel desempeñado por "Chalky" White. Parece que haberá que agardar para saber algo de Van Alden ou de Margaret Schroeder, desaparecidos neste episodio.
Volvendo ao asunto do sangue, foron varios os asasinatos cunhas consecuencias, a primeira vista, difíciles de valorar. Probablemente o do empresario do mundo do espectáculo, polas súas conexións con New York, teña algo máis de repercusión, sobre todo tendo en conta que a muller que o testemuñou todo anda ceiba por aí. Outro dos asasinatos lévanos até un policia sen demasiadas reservas morais á hora de desfacerse de dous homes, un deles compañeiro, no que case promete ser un
Rosetti 2. Por último Richard necesitaba "solucionar" algúns asuntos do pasado antes de retornar a casa.
 |
| O NY Sour servido ao estilo New Jersey |
E para completarmos o resumo poderíamos falar tamén de Gillian Darmody, envolta en batallas legais por recuperar ao seu neto mentres continúa a praticar o oficio máis antigo do mundo, das saudades de Nucky pola súa antiga amante Billie ou do sobriño de Nucky que regresa da Universidade feito un home.
O dito, unha primeira toma de contacto que serve para preparar o taboleiro para esta nova partida. Todo co acabado cinematográfico e a escenografía propias de Boardawalk Empire. Continuaremos informando.
 |
| Aspirante a psicópata da temporada? |
Ningún comentario:
Publicar un comentario