luns, 16 de setembro de 2013

Ozymandias

O que deixamos atrás...
I met a traveller from an antique land
Who said: Two vast and trunkless legs of stone
Stand in the desert. Near them, on the sand,
Half sunk, a shattered visage lies, whose frown,
And wrinkled lip, and sneer of cold command,
Tell that its sculptor well those passions read
Which yet survive, stamped on these lifeless things,
The hand that mocked them and the heart that fed:
And on the pedestal these words appear:
"My name is Ozymandias, king of kings:
Look on my works, ye Mighty, and despair!"
Nothing beside remains. Round the decay
Of that colossal wreck, boundless and bare
The lone and level sands stretch far away
 Percy Bysshe SHELLEY
Breaking Bad
Ozymandias
Dirixido por Rian Johnson
Escrito por Moira Walley-Beckett
5ª Temporada, capítulo 14
15 de Setembro de 2013
Ozymandias ou a inevitábel decadencia de todos os líderes e imperios, sen importar o maravillosos ou poderosos que puideran ter chegado ser. Ozymandias ou o desmoronamento do, outrora invencíbel, Heisenberg. O capítulo anterior non deixaba máis que boas promesas para esta semana e Breaking Bad non é desas series que adoiten faltar á súa palabra: non deixamos, pois, de utilizar letras maiúsculas.

A queda dun imperio
Comecemos por honrar aos caídos. Hank, toda un personaxe que foi crecendo ao longo destas cinco temporadas até se converter nun peso pesado máis, favorito de muitos. O antagonista de Heisenberg, a súa eterna preocupación e ameaza. E, por que non, recordemos tamén ao axente Gómez, Gomi para os amigos, un tipo que non podía deixar de caer ben. DEP axentes Gómez e Schrader.

Se alguén sofreu nesta serie ese é Jesse Pinkman e os guionistas, amosando máis unha vez o seu sadismo, ensáñanse con el: vémolo sentenciado a morte cunha pistola apontándolle á cabeza, consternado ao enterarse do papel do señor White na morte de Jane, sometido a tortura e sendo obrigado, con ameazas de mancar a Brock e Andrea mediante, a cociñar para Todd e os demais. Algúns parecen condenados a sofrir até o final.

Pola súa parte, Skyler tamén recebeu do seu. O seu propio fillo ponlle as cousas claras: «se sabías algo disto, es tan culpábel como papá». E, máis tarde, cando se volve contra o seu marido, supoñemos que levada polo arrepentimento, Walter toma vinganza levándose á súa meniña.

A chamada do señor White á súa esposa foi demoledora. Di o que ten que dicir, por muito que lles doa a ambos. Sabe que a conversa está sendo gravada e procede segundo o seu plano. Agora é tempo de atar os cabos soltos que lle quedan, comezando por entregar a súa filla nunha estación de bombeiros. Despois fica desaparecer (o título do próximo episodio aponta a New Hampshire) que é como remata o capítulo, coa ollada de Walter a través do espello retrovisor, horrorizado por todo o que leva feito ao longo do camiño, por comprender en quen se acabou por converter. Sentimento de culpa, vendetta, raiba e moitos asuntos por resolver en dous capítulos que agardamos ansiosamente.

Homenaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario