luns, 9 de setembro de 2013

To'hajiilee

It's over
To'hajiilee (antigamente Canoncito) é o nome dunha reserva india dos Estados Unidos, mais tamén é o título deste impresionante capítulo (máis un) de Breaking Bad.


Breaking Bad
To'hajiilee
Dirixido por Michelle MacLaren
Escrito por George Mastras
5ª Temporada, capítulo 13
8 de Setembro de 2013


Son capítulos coma este os que fan realmente Grande a esta serie. E aínda que, si, a partir de certo momento era predecíbel que fose acabar como acabou - salvaxe tiroteo no deserto -, o caso é que o camiño até alá, a maneira en que nolo contan, é auténticamente brutal, cuns vinte minutos finais absolutamente inefábeis.

Postos a ser sinceros até a chamada de Jesse como engado que desencadea os acontecementos, estaba a ser un capítulo normal (o que non é pouca cousa tratándose do que se trata), mais a partir de aí caviar e do bon. Vemos por primeira vez a Walter White por fin superado e derrotado. Acabouse, non hai máis. A escena na que Walter de decata de que o colleran, de que fora totalmente enganado, mentres Hank berra por tras «It's over» fala por si soa. Alguén se imaxinaba que veríamos algún día ao señor White coas maos esposadas? Pois ese día finalmente chegou.

A relación Walter-Jesse continúa a ver consumada a traición por ambas as partes: Jesse decidido a conseguir meter no cárcere ao seu ex-amigo e Walter encargando o seu asasinato. Ao final, reencontro no ponto onde todo comezou, parece que o aluno derrotou ao mestre. Reproches: «Covarde!», algo de cuspe e pelexa.

Tampouco faltaron os guiños aos seguidores da serie: publicidade de Saul Goodman, Walter Jr. por fin coñece ao famoso avogado ou o reencontro no primeiro lugar onde «cociñaron» cristal.

Better call Saul!
Hank pode saborear a súa vitoria. Fai os honores nunha detención da que merece todo o crédito. Só hai tempo para unha chamada de teléfono a Mary que sona, quen sabe, a despedida. Despois, tempo para a pólvora. E comezamos co 3, 2 , 1,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario